Wednesday, May 30, 2007

recitar é un pracer

hoxe estiven neste instituto recitando acompañada de Kiko Neves e foi estupendo.

A verdade é que significou un pracer rodearse de todos esos rapaces e rapazas... simplemente eu, a morriña de shaila, violador de versos, soniamaría, iago.... unha longa nómina de ollos que me bateron nas coxas.

grazas a tod@s

Tuesday, May 29, 2007

escolma

pequena escolma de poetas galegas feita polo Galicia Hoxe o 17 / 05 / 2007

venres



venres envíame esta foto de utrech e a mín estóupanme as ganiñas de vela, aquí, moi adentro.
como a coñezo
sei que estará a buscar cos ollos algún fondo de pantalla nesa cidade na que agora habita. algunha historia que levarse á boca e coa que enganar a tarde de café e chocolate.
porque, venres, sabe que as cousas suceden no tempo en ciclos centrífugos ou centrípetos. que as veces, hai vidas que corren en paralelo. que a orientación do día depende, en parte, da cor coa que esta mañá pintases os beizos.

Monday, May 28, 2007

virxes suicidas





a miña orde
é o meu caos





fotografías.- osondaxordeira

Friday, May 25, 2007

polifonías



polifonías

voces poéticas contra a violencia de xénero


*O ano pasado, máis ou menos por estas datas, estudantes do instituto de Silleda crearon esta montaxe. Gustaríame compartila con vós.

diseminativo recolectivo

un pouquiño de iso chamado "novos creadores", nesta entrevista